
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou este martes 15 de xullo, unha xornada especializada centrada no proceso de dó, dirixida a persoas con diversidade funcional e/ou con enfermidade mental e impartida por Mari Carmen Hermo. Baixo o título “Comprensión do dó como parte do ciclo vital”, a sesión tivo como obxectivo achegar ferramentas prácticas e información útil sobre un tema que adoita estar cargado de tabús e falta de recursos accesibles. Ó longo da xornada, abordáronse cuestións como:
• A comprensión do dó como parte natural do ciclo vital.
• Estratexias para afrontar as distintas fases do proceso de dó.
• O acceso a recursos de apoio emocional e psicolóxico.
• A importancia da comunicación e da expresión emocional.
• A necesidade de recoñecer e validar as emocións propias e das demais persoas.
Estas xornadas forman parte do compromiso de Ambar para garantir que todas as persoas poidan afrontar situacións de perda e sufrimento con apoio e acompañamento adaptado ás súas necesidades.
A iniciativa busca tamén sensibilizar á sociedade sobre a importancia de contar con espazos seguros e accesibles onde compartir a dor e construír resiliencia colectiva, especialmente en colectivos vulnerables que moitas veces quedan fóra dos circuítos habituais de atención emocional.
Desde Ambar destacan que “a atención ó dó debe formar parte dunha sociedade inclusiva onde se respecte o dereito de todas as persoas a transitar a perda con dignidade, comprensión e apoio”.
Esta actividade, que reforza o compromiso de Ambar ca autonomía e o apoderamento das persoas con diversidade, foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e ós Fondos Europeos da Unión Europea.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.