
Guinarte reprocha á alcaldesa que tente improvisar explicacións de última hora a quince días da entrada en vigor e pide que se reconduza o proceso con consenso e responsabilidade.
O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, volveu advertir hoxe das consecuencias de tramitar a ordenanza da taxa turística sen un diálogo real e efectivo co sector. “Dende o Grupo Municipal Socialista xa advertíramos, incluso no Pleno municipal, que o Goberno da señora Sanmartín non estaba mantendo o diálogo necesario co sector para a implantación da taxa turística” asegurou.
Segundo o voceiro “hoxe confirmamos aqueles temores que tiñamos porque aínda agora, a quince días de inicio do mes de agosto, o Goberno Municipal vai a reunirse co sector para cuestións prácticas da posta en marcha deste tributo”.
Guinarte cualificou de “especialmente grave” que o Goberno Municipal da señora Sanmartín convoque ao sector hoxe, ás cinco da tarde, para explicar cuestións básicas como o funcionamento da autoliquidación, as declaracións responsables ou a documentación que deben conservar os establecementos.
O PSdeG considera tamén un erro que esta medida entre en vigor en pleno mes de agosto, coincidindo coa tempada alta da actividade turística, “por iso pedímoslle á alcaldesa, á señora Sanmartín, que reconsidere a súa vontade de poñer en marcha a taxa turística no mes de agosto, con tan pouco tempo para que os establecementos de adapten a este sistema” advertiu o portavoz socialista.
Por todo iso, Guinarte pediu á alcaldesa que reconsidere os prazos de aplicación da ordenanza, abra un verdadeiro proceso de diálogo coas persoas afectadas e rectifique a tempo para garantir seguridade e estabilidade ao conxunto do sector afectado e “que dialogue co sector, que faga agora o que tiña que ter feito hai xa meses”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.