Tuesday 15 de July de 2025

Trinta mozos da Laracha desfrutan en Cotobade do campamento multiaventura organizado polo concello


A iniciativa inclúese no programa municipal de actividades de verán.

O Concello está a desenvolver nestes días unha nova edición do campamento multiaventura incluído na programación municipal de verán, unha actividade pensada para ofrecer á mocidade unha alternativa de lecer baseada na práctica deportiva, a convivencia e, sobre todo, a diversión.

Desde onte e ata mañá un total de 30 mozos de entre 13 e 18 anos están desfrutando dunha intensa experiencia no parque multiaventura Rías Baixas, situado na localidade de Cotobade (Pontevedra). Durante estes tres días o grupo, acompañado en todo momento por monitores especializados, participa nun amplo abano de actividades ao aire libre como kaiak, escalada en rocódromo, hípica, tiro con arco, rastrexo, tirolina, paintball ou escape room, entre outras.

Este campamento, que chega xa á súa terceira edición, consolídase como unha das propostas máis agardadas da oferta estival do Concello para a xuventude larachesa.

Deja un comentario