
Debido á celebración esta fin de semana das festas do Mar de Mera, o Concello instalará Puntos Violeta as noites do venres 18 e sábado 19 de xullo, en horario de 23 a 3, co propósito de seguir implicándose activamente, como vén facendo ata o de agora, na prevención e na resposta fronte a posibles situacións de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra manifestación de violencia machista.
Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.