
O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, considera que a alcaldesa de Santiago instrumentaliza as institucións para facer políticas partidistas.
O voceiro do Grupo Municipal Socialista do PSdeG-PSOE no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, criticou a confirmación da anunciada ausencia da alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, no acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias.
Para Guinarte trátase “dunha falta de lealdade institucional inexplicable e reprobable” que se traduciu en que as cidadás e os cidadáns de Compostela non estivesen representados no acto. Ademais abondou na gravidade da decisión, “ao esquecer que o Xefe do Estado é o Presidente de honra do Real Padroado de Santiago”. Lembra o voceiro socialista que este órgano exemplifica na súa máxima expresión a eficacia da colaboración institucional fundamental para o desenvolvemento de Santiago.
Desde o Grupo Municipal Socialista esíxenlle a Sanmartín que abandone unha política partidista de miras curtas e cativas, que estea á altura do que a cidadanía merece e actúe coa responsabilidade que implica o cargo. “Non se pode empregar a institución que nos representa a todos para facer políticas partidistas”, afirmou Guinarte.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.