
Este xoves 17 de xullo, o microfestival As Tardes do Alfar continúa no parque das Torres de Santa Cruz cun concerto da banda galega Solrain, cun estilo fresco que mestura rock clásico, enerxía setenteira e letras con forte carga emocional. A actuación comezará ás 20:00 h, nun espazo ao aire libre con entrada de balde e ambiente familiar.
Como todas as semanas, a tarde iniciará ás 19:00 h cunha demostración de olería ao vivo do artesán Alberto Añón, que converterá a contorna nun obradoiro artístico ao aire libre, ofrecendo unha experiencia participativa e didáctica tamén para os cativos.
Solrain, cuarteto con raíces en bandas coma Costas, Pölisong ou Eco, lanzou en 2021 o seu disco debut Haz que no pare, no que plasman influencias de clásicos coma Obús, Barón Rojo ou Topo, e desde entón levan o seu potente directo por numerosos escenarios de carácter local. A súa proposta en vivo destaca polos ritmos contundentes e un espírito rockeiro que promete contaxiarse no concerto desta semana nas Torres.
En As Tardes do Alfar, Solrain traerá consigo un repertorio variado con fragmentos de temas como Y a vueltas -que contou coa colaboración de Miguel Costas no seu videoclip- e o seu máis recente single Inconscientes, estreado en xaneiro deste ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.