Monday 14 de July de 2025

Neda convoca este venres un novo “Tempo de encontros”, con cartas e outros xogos de mesa na rúa


O Concello de Neda organiza este venres 18 de xullo, á tardiña, unha segunda entrega de “Tempo de encontros”. Desta volta, buscará propiciar a relación entre a veciñanza, convidando a pequenos e maiores a achegarse a botar unha partida ás cartas ou a outros xogos de mesa. A sesión terá lugar na contorna da Casa das palmeiras se o tempo acompaña ou, no seu caso no interior.

Tras a boa acollida da primeira sesión, na que triunfou o parchís, o Concello impulsa unha nova tarde lúdica e de lecer. Será este venres, de 19 a 21 horas. E nesta ocasión preténdese que distintos xogos de cartas coa baralla española e outros como o americano Uno sexan protagonistas, aínda que non exclusivos.

Subliñan dende o departamento de Sanidade que que os xogos de cartas manteñen a agudeza mental, requiren concentración e habilidades cognitivas como a memoria e o razoamento lóxico. E cando se xoga en grupo, como é o caso, contribúen a mellorar as habilidades sociais.
Así, quen se achegue para participar en “Tempo de encontros” terá outras opcións para divertirse ao aire libre, pois non faltarán nis os taboleiros de parchís e da oca nin outros clásicos como o Conecta catro. Todo co único obxectivo de pasar unha tarde diferente e entretida, contribuíndo a acabar con situacións de soidade non desexadas.

Deja un comentario