
Os bombeiros do parque provincial de Boiro participaron na noite de onte, domingo 13, na retirada dun niño de avespas velutinas nunha vivenda en A Pedreira, no concello de Rianxo.
Foi o 112 quen deu o aviso ás 22:01 horas indicando dun niño de velutinas no tellado dunha vivenda e preto dunha fiestra. Así, os profesionais proceden á retirada do niño despois de usar insecticida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.