
Os bombeiros do parque Provincial de Ordes recibiron o aviso sobre as 00:32 horas da pasada madrugada debido a un incendio nun pequeno almacén que tiña diversas ferramentas e materiais de construción, en Cercedo, no Concello de Ordes.
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o lume e, unha vez extingido, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.