
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa recibiron un aviso sobre as 14:00 horas de hoxe, 12 de xullo, por un incendio nunha finca urbana preto de vivendas en Melide, no que non resultou ningunha persoa ferida ou afectada, pero si se tivo que desaloxar unha vivenda próxima á finca onde se produciu o lume.
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron e extinguiron as lapas. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.
Completaron o operativo as motobombas do distrito correspondente e a Garda Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.