
• Estará aberto de 12:00 a 20:00 horas todos os días e poderán acceder a el todas as persoas maiores de 6 anos e cunha estatura superior a 1,10 metros.
A Praia Grande de Miño conta xa cun novo atractivo no seu areal: un parque acuático, o único deste tipo en praia da provincia da Coruña. Preséntase como unha das grandes alternativas de lecer para mozos e maiores durante a tempada estival.
O parque acuático estará aberto todos os días, en horario de 12:00 a 20:00 horas, aínda que a súa apertura estará suxeita ás condicións meteorolóxicas. Poderán acceder todas as persoas maiores de 6 anos que superen unha estatura mínima de 1,10 metros.
Os menores de entre 6 e 13 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Os adolescentes de 13 a 17 anos poderán acceder cunha autorización asinada. Todos os usuarios deberán portar unha pulseira identificativa en todo momento, ademais dun chaleco salvavidas homologado, sendo supervisados constantemente por socorristas.
Haberá tres tipos de tarifas dispoñibles:
• Entrada simple, con acceso ao parque nadando.
• Pack Pádel, que inclúe o acceso ao parque ou a práctica de pádel surf.
• Pack Kaiak, que permite o acceso ao parque ou a navegación en kaiak (máximo dous adultos e un menor por embarcación).
O acceso ao parque organizarase en quendas de media hora, para garantir a seguridade e o goce de todos os visitantes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.