
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa recibiron o aviso sobre as 18:20 horas de onte, 11 de xullo, polo incendio nunha finca urbana preto de vivendas, na rúa Martagona, no Concello de Boiro, no que non resultou ningunha persoa ferida ou afectada.
O lume nesta finca urbana estaba preto dun polideportivo e dun instituto e ao carón de vivendas.
Á súa chegada ao lugar, os bombeiros provinciais controlaron o lume coa axuda do Nodriza. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar toda a zona para asegurar o lugar da incidencia.
Completaron o operativo a patrulla forestal e Garda Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.