
Corenta veciños e veciñas de Frades participaron onte no “Xoves de Praia”, unha das actividades tradicionais do programa de verán do Concello de Frades. Unha iniciativa que ten lugar todos os xoves de xullo e agosto na praia de Barraña (Boiro).
A expedición trasládase ata Boiro nun autobús que sae ás 10:00 horas da Garabanxa e que vai recollendo ás persoas participantes nas súas respectivas parroquias, aos volve deixar nas mesmas paradas á última hora da tarde, xa que pasan toda a xornada na praia. Unha excursión na que estiveron acompañados polos concelleiros de Cultura, Juan Carlos Portos; e Turismo, Jesús Francos.
O prezo é de 8 euros por día para persoas adultas e 6 euros por día para menores de 12 anos, en ambos os dous casos empadroados no municipio. As reservas poden facerse no Concello de Frades (981 695 567) ata o martes anterior a cada saída.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.