Saturday 12 de July de 2025

As Somozas habilita unha zona de descanso e lecer anexa á piscina municipal


• O Concello creou esta área axardinada, que con conta con tumbonas e parasoles, e que facilita o descanso e confort das persoas que desfrutan desta instalación municipal.

• Tamén, outro ano máis a piscina conta con servizo de cantina,

O Concello das Somozas habilitou este verán unha zona de descanso e lecer anexa á piscina descuberta municipal.

Así, esta área axardinada conta con tumbonas e parasoles e facilita o descanso e confort das persoas usuarias que desfrutan desta instalación municipal.

O recinto está aberto ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 14:30 h a 20:30 h e as persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta.

Ademais, as instalacións contan, outro verán máis, con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que está a disposición das persoas usuaria no mesmo horario ca piscina.

Deja un comentario