O Concello de Brión celebrará este sábado 26 de marzo unha ruta de sendeirismo polo río Pedras, na comarca do Barbanza, de dificultade baixa, polo que está aberta á participación de toda a familia. As inscricións, cunha cota de 10 euros por persoa, deberán formalizarse antes do 22 de marzo na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 509 908.
A Ruta do Río Pedras consta dunha camiñata de 20 quilómetros á beira do devandito río e ao pé do Monte Curota, un lugar de gran beleza e cunha abrupta orografía onde os canles fluviais dos ríos San Xoán e Barbanza conflúen nun mesmo leito para dar lugar ao Río Pedras. Así, os camiñantes estarán rodeados de vexetación autóctona, pozas, tobogáns e saltos conformados ao longo de milleiros de anos polo traballo das correntes de auga. A expedición sairá en autobús ás 8:30 horas dende a Carballeira de Santa Minia e cada participante levará o seu xantar tipo pícnic.