
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron o aviso do 112 arredor das 21:30 horas da noite de onte, 10 de xullo, polo incendio dun elevador dentro dunha nave no polígono de Espiñeira, no concello de Boiro.
Á súa chegada ao lugar, persoal da nave xa sacara o elevador para o exterior. Os bombeiros provinciais controlaron o lume con liña de alta presión con escuma. Posteriormente, coa cámara térmica foron controlando e extinguindo o lume que afectaba á parte do motor do elevador. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar esta máquina, que ardeu practicamente por completo, véndose afectado, principalmente, o motor e a parte de mandos.
Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e o servizo municipal de Protección Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.