
Numerosos veciños e veciñas están a trasladar ao Concello o seu malestar polo retraso na limpeza da vexetación que medra nas marxes das estradas de titularidade da Deputación da Coruña. Ante esta situación, o Concello dirixiuse á Deputación para que se proceda a rozar de inmediato.
As estradas que demanda limpar o Concello son a avenida Emilia Pardo Bazán, desde As Torres de Santa Cruz ata o linde con Sada; a rúa Casares Quiroga, entre Coruxo e Montrove; a rúa Río en Oleiros; a baixada antiga ao porto de Lorbé e a avenida Tierno Galván, desde Santa Ana ata O Regacho.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.