
O Concello de Ribeira, adxudicou as obras de saneamento e abastecemento de auga potable no lugar de Arribas na parroquia de Artes.
Na actualidade o lugar de Arribas, na parroquia de Artes, non conta con rede de saneamento nin de abastecemento, polo que se proxecta a instalación de ditas liñas para proporcionar así o servizo á veciñanza da zona. A rede de saneamento estará formada por colectores de PVC e 439 metros de lonxitude que conducirá as augas fecais por gravidade ata o punto mais baixo, onde se conectará coa rede xeral existente. En canto a abastecemento de auga potable, instalarase unha liña de 517 metros de lonxitude de tubaxe de polietileno de alta densidade.
O obxectivo que se persegue con este proxecto, é o de dotar ao lugar de Arribas dos servizos de saneamento e abastecemento de auga potable.
A empresa Constuccións Fermin Simal, será a encargada de realizar a obra cun investimento de 78.000 euros a executar en 4 meses no marco do POS+2024. 323.000€ de investimento na parroquia de Artes Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, “nestes últimos anos investimos na parroquia de Artes un total de 323.000 euros, destinados a actuacións moi demandadas polos veciños e veciñas. Concretamente, construímos un novo parque infantil cun investimento de 115.000 euros, agora acometemos obras de saneamento e abastecemento en Arribas e en breve tamén levaremos a cabo traballos de pavimentación e mellora da rede de pluviais en Outeiro cun tamén reforzamos os pluviais nesta mesma zona con outros 32.000 euros”.
“Levar servizos básicos foi algo ao que nós comprometemos desde o primeiro momento, e estamos a cumprir co que nos demanda a veciñanza de Artes. Queremos seguir traballando para mellorar a calidade de vida e responder ás necesidades reais do noso concello” declarou Barral.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.