
· Serán mañá, venres 11 de xullo, en horario de mañá (11.00 horas) e de tarde (17.30 horas).
· As actividades son gratuítas pero requiren de inscrición previa na propia dependencia, nos teléfonos 981 83 16 62 e 619 05 05 23 ou no correo museo.valleinclan@apobra.gal.
Como parte da programación cultural desta semana, o Museo Valle-Inclán ofrecerá mañá, venres 11 de xullo, dúas visitas comentadas á instalación municipal. As actividades, planteadas en grupos reducidos, abordarán a importancia de Valle-Inclán, así como a historia, a arte e o significado da decoración renacentista da Torre dos Valle Bermúdez (século XVI), declarada Monumento Nacional de Carácter Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural de España e de Galicia. O Concello organizará un pase en horario de mañá, ás 11.00 horas, e outro de tarde, ás 17.30 horas. As propostas son 100% gratuítas, pero requírese de inscrición previa para participar nas mesmas.
O director e técnico conservador do Museo, Antonio González Millán, será o encargado de impartir estas visitas. Durante as mesmas, o experto explicará a riqueza arquitectónica, estética e a relación do inmoble con Valle-Inclán. Logo de falar da propia edificación, farase un percorrido pola colección dos fondos manuscritos, libros de época, pezas das belas artes, vestiario teatral, mobiliario e obxectos do autor que se atopan no museo.
As persoas interesadas poderán anotarse de xeito presencial, nos teléfonos 981 83 16 62 (no horario de apertura ao público), 619 05 05 23 (dispoñible para envío de WhatsApps fóra do horario da dependencia) e no correo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.