Thursday 10 de July de 2025

A “Operación Centinela” coidará un ano máis dos nosos montes


Segundo fontes do Concello, o tenente de alcalde, Vicente Mariño recibiu ao Comandante Carlos Ramonell da Infantería de Mariña, o Tenente Ricardo Villena e o Brigada, Gonzalo Pita.

O Comandante informou que están realizando un recoñecemento previo para levar a cabo “A Operación Centinela Galego” que ven sendo unha operación que se leva facendo dende o ano 2007 para a prevención de incendios forestais e en apoio aos corpos e forzas de seguridade do Estado nos diferentes municipios do Barbanza.

Esta operación estase levando a cabo mediante patrullas terrestres encadradas dentro da forza que comanda a Brigada “Galicia” VII de Figueirido (Pontevedra) e ten previsto rematar o seu traballo a finais do mes de setembro. A misión principal desta operación é evitar os incendios forestais mediante patrullas de disuasión, presenza e observación no marco do protocolo de colaboración conxunta do Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia froito dos incendios do 2006.

Dende a Brigada Galicia VII lévase un centro de estadística co apoio dos axentes forestais da Xunta para o rexistro dun histórico anual. O Comandante de Infantería salientou “estadísticamente nos últimos anos, derivado pola climatoloxía houbo un descenso de incendios pero iso non quere dicir que no presente ano vaiamos a atopar os mesmos rexistros, na nosa Brigada estamos preparados como si fóramos a abordar as peores condicións”

A operación, aparte de ter as patrullas terrestres tamén ten capacidade de observación aérea mediante drons.

Para rematar o tenente de alcalde, agradeceu o labor do exército nesta operación: “pola súa labor disuasoria e de vixilancia para que os nosos montes conserven a súa biomasa”.

Deja un comentario