Este ano a Semana Santa de Ordes presenta importantes novidades. Por primeira vez o Domingo de Ramos celebrouse na Alameda, onde se procedeu coa tradicional bendición das palmas e ramallos de olivo e loureiro. Un acto no que os máis pequenos e pequenas do municipio tiveron un protagonismo especial. Pola súa banda as concelleiras Susana García, Ana Soneira e Beatriz Candal tamén acudiron en representación da corporación municipal. A seguinte cita destacada do programa previsto para estes días será o vindeiro Venres Santo, coa procesión organizada pola cofradía da Virxen das Dores, a cal dará comezo a partir das 21 horas e que cada ano congrega a nomerosos fieis e público asistente.