
Realizarase ata o venres, incluíndo actividades na vila costeira e saídas ao parque acuático de Cerceda e ao centro de turismo ecuestre O Ventoso.
Continuando co desenvolvemento do programa municipal de actividades de verán, nesta semana realízase a segunda quenda dos campamentos que o Concello organiza en Caión. Participan medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos. O horario é de 10:00 a 18:00 horas.
Na primeira xornada, o luns, realizáronse xogos na praia e un obradoiro de personalización de camisetas. O martes visitaron o parque acuático de Cerceda. Hoxe, no día no que recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Cultura e Deportes, Patricia Bello, desfrutaron da práctica do kaiak e do pádel surf, e tamén dun obradoiro de maxia. Mañá xoves realizarán un circuíto multiaventura no centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo. E o venres concluirá o campamento cunha festa da escuma e inchables, tobogáns de auga e animación musical
Todos os anos o Concello aposta por organizar estes campamentos co dobre obxectivo de ofrecer ao nenos a posibilidade de divertirse practicando deportes e realizando actividades de tipo educativo, ademais de ser unha importante axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais durante as vacacións nos centros educativos.
Na semana pasada participaran na primeira quenda outros 50 rapaces de entre 10 e 12 anos de idade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.