Thursday 10 de July de 2025

Miño elimina as duchas das súas praias con Bandeira Azul promovendo un consumo máis responsable da auga


• O Concello está a instalar lavapiés fose da zona de area en Perbes, A Ribeira e a praia Grande para garantir así a comodidade das persoas usuarias e evitar o estancamento da auga utilizada.

Este verán, despois de oito anos, o Concello de Miño volve lucir tres Bandeiras Azuis nas súas praias máis emblemáticas e concorridas. ADEAC, a entidade que concede estes distintivos, recoñeceu que os areais de Perbes, A Ribeira e a Praia Grande cumpren con todos os requisitos esixidos en materia de educación ambiental, calidade das augas de baño, conservación de espazos naturais, xestión ambiental, seguridade e servizos.

Estes criterios revísanse e actualizan de forma constante para adaptarse tanto ao paso do tempo como para os efectos do cambio climático. Unha das medidas recomendadas por ADEAC na súa última revisión é a supresión das duchas nas praias, co fin de promover a sustentabilidade e reducir o consumo de auga potable.

Atendendo a esta recomendación, e @teniendo en cuenta os antecedentes de anos anteriores, cando o uso inadecuado das duchas, nalgúns casos con xeles e champús, provocaba problemas como contagios por fungos e accidentes por resbalones, o Concello de Miño decidiu eliminar este servizo de todas as praias do municipio.

Miño súmase así a outros destinos con gran afluencia turística e que contan con Bandeiras Azuis desde hai anos, como Sanxenxo, onde a medida permitiu reducir considerablemente o consumo de auga, con notables beneficios ambientais e económicos.
Para garantir a comodidade dos usuarios, o Concello está a instalar lavapiés nos accesos a estas praias, situados fóra da area, evitando así o estancamento da auga utilizada.

Deja un comentario