Friday 22 de November de 2024

200 deportistas participan en Ordes no Cto Provincial Idade Escolar de Taekwondo


Un total de 200 taekwondistas de 10 clubes da provincia participaron no Campionato Provincial Idade Escolar de Taekwondo. Dende primeira hora da mañá o pavillón ordense Castelao I encheuse de deportistas e afeccionados que, durante toda a mañá, desfrutaron das competicións que se desputaron nos 4 tapices instalados para a ocasión.
Organizado polo club local Boud-Sport, en colaboración co Concello de Ordes, a convocatoria finalizou coa victoria dos clubs Natural Sport Ribeira e o Maniotas (Noia) nas categorías masculinas e femininas respectivamente.
O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, xunto cos concelleiros José Manuel Rodríguez, José Manuel Mira e Luis Caamaño foron os encargados de entregar as medallas e os trofeos. Acompañándoos tamén estivo Juan Carlos Eiriz, presidente da Federación Galega de Taekwondo.