Wednesday 09 de July de 2025

Ribeira traballa na actualización sobre prevención e intervención en violencia de xénero


Do 9 ao 11 de xullo de 2025 desenvólvese no Auditorio Municipal de Ribeira o “Curso especializado para a avaliación e intervención en violencia de xénero” da Universidade Internacional MenéndezPelayo, baixo a dirección de Gualberto Buela-Casal, Catedrático de Psicoloxía Clínica, Unidade de Psicoloxía Xurídica e Forense, Spin-Off Universidad de Granada.

O alumnado do curso de verán, cen persoas que proveñen na súa maioría do mundo profesional, participará os tres días na posta en común do traballo que se está a desenvolver en materia de investigación, en seguridade representada nos corpos e forzas de seguridade do Estado, e nas políticas activas contra a violencia de xénero.

No acto de apertura o día 9 de xullo ás 9.30 h no salón do Auditorio estarán presentes:
– Luís Antonio Perez Barral, Alcalde de Ribeira
– Carlos AndradasHeranz, Reitor da Universidade Internacional MenéndezPelayo, UIMP (que intervirá en liña)
– María Jesús Lorenzo Modia, Directora da UIMP en Galicia
– Roberto Barba Alvedro, Director Xeral de Loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia
– Fernando Pedreira Lata, Coronel Xefe da Garda Civil da Coruña
– Gualberto Buela-Casal, Catedrático de Psicología Clínica, Director do curso
– María del Mar García Vidal, responsable da Área de Servizos Sociais, Deputación Provincial da Coruña
– Diego Amaya Díaz, Xefe da Comisaria da Policía Nacional de Ribeira
-María Rosa Álvarez Prada, Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
-Mercedes Novo Pérez, Secretaria Xeral da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense

PROGRAMA:
CURSO ESPECIALIZADO PARA A AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO. UIMP
Datas: 9 ao 11 de xullo de 2025
Horario: 9.30 h a 14.00 h e de 16.00 h a 19.00 h
Lugar: Auditorio de Ribeira, sala polivalente (Ada. da Constitución, nº 2. 15960 Ribeira)

09/07/2025
9.30: Acto de apertura. Salón do Auditorio Municipal
Todas as intervencións académicas se van desenvolver na sala polivalente.
10.00: “A xenética forense na persecución dos delitos contra a liberdade sexual”. Ángel Carracedo Álvarez, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da Academia Internacional de Medicina Legal
12.00: “Avaliación forense de casos de agresións sexuais a mulleres co Sistema de Avaliación Global”. Ramón Arce Fernández, catedrático de Psicoloxía Xurídica, Universidade de Santiago de Compostela, presidente da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense 16.00: “Aspectos psicolóxicos entre vítimas e agresores de violencia de
xénero”. José Javier Peña Coca, comisario xefe de Unidade Ertzainetxea de UrolaKosta, Premio Meninas 2023 Violencia de Género Ertzaintza, Donostia
17.30: “Violencia sexual vs consentimento sexual: aproximación psicolegal”. Dolores Seijo Martínez, catedrática de Psicoloxía Xurídica, Especialista en Violencia de Xénero, Universidade de Santiago de Compostela

10/07/2025
9.30: “Perfil psicolóxico do feminicida”. Gualberto Buela-Casal, director do curso. Catedrático de Psicoloxía Clínica, Unidade de Psicoloxía
Xurídica e Forense, Spin-Off Universidad de Granada
11.00: “A suspensión da execución da pena nos casos de violencia sexista”.
Miguel Abel Souto, catedrático de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da Asociación Iberoamericana de Derecho Penal Económico y de la Empresa
12.30: “Xustiza Terapéutica para a mellora do benestar das vítimas de violencia de xénero”. Mercedes Novo Pérez, catedrática de Psicoloxía Social, Especialista en Violencia de Xénero, Universidade de Santiago de Compostela
16.00: “Violencia de xénero online”. María José Garrido Antón, comandante, xefa da Área de Violencia de Xénero, Estudos e Formación Secretaría de Estado de Seguridade, Ministerio do Interior
17.30: “Primeiros auxilios psicolóxicos en violencia de xénero”. María José Garrido Antón, comandante, xefa da Área de Violencia de Xénero, Estudos e Formación, Secretaría de Estado de Seguridade, Ministerio do Interior

11/07/2025
10.00: “Protección policial das vítimas de violencia de xénero: casos complexos”. Mª Luisa Calcerrada Alcázar, comandante, Unidade Técnica de Policía Xudicial. Coordinadora Nacional de Violencia de sobre a muller do EMUME Central, Secretaría de Estado de Seguridade, Ministerio do Interior
12.00: “A abordaxe integral da violencia de xénero desde a perspectiva da psicoloxía”. María Rosa Álvarez Prada, coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consello Xeral da Psicoloxía, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
16.00: “Ferramentas para unha correcta valoración do risco das vítimas de violencia de xénero”. María Ángeles Carmona Vergara, ex Presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), Ministerio de Xustiza
17.30: “Programas e accións da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero”. Roberto Barba Alvedro, maxistrado director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Xunta de Galicia Secretaria do curso. M. Paz Bermúdez Sánchez, catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Universidad de Granada Secretario do curso. José Díaz Fernández, criminólogo e Inspector xefe da Policía Nacional, Ministerio do Interior Curso recoñecido pola Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense, pola AEPC, polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e pola Consellería de Política Social e Igualdade, Xunta de Galicia.

Deja un comentario