Os alumnos e alumnas do CEIP Maruxa Mallo conmemoraron o Día da árbore, previsto para o vindeiro luns, de distintos xeitos. Ademais de prantar exemplares no paseo fluvial Ramiro Recouso tamén encheron as zonas verdes do casco urbano con mensaxes e debuxos do máis creativo na que as árbores foron as protagonistas.