
O Concello de Frades retomará en setembro o programa “Xornadas gratuítas sobre a saúde”
O local social de Abellá e o centro sociocomunitario de Ponte Carreira acolleron as dúas últimas sesións das “Xornadas gratuítas sobre a saúde”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Frades no verán de 2025 e que están sendo un éxito de participación veciñal. “Estamos moi satisfeitos coa boa acollida que están a ter este tipo de xornadas pois serven para resolver moitas dúbidas e darlle visibilidade as enfermidades, polo que a nosa intención é retomar o programa no mes de setembro”, adianta o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro.
As charlas sobre enfermidades reumáticas reuniron a máis de medio cento de veciños no centro sociocomunitario de Ponte Carreira e no local social de Abellá. Unhas charlas impartidas pola doutora María Abalo, que ofreceu varios consellos preventivos e respondeu a todas as dúbidas planteadas polas persoas asistentes. Unhas charlas ás que asistiron os concelleiros de Sanidade, Manuel Ferreiro, e Benestar Social, Ángeles Vázquez.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.