
• Está organizado polo CIDU e o INCUDE, coa colaboración do Concello, a través da súa delegación de Deportes.
• Haberá un total de 5 categorías, que abarcan todas as idades: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta.
• A inscrición é gratuíta e pódese formalizar a través dun formulario web ou de forma presencial.
O sábado, 12 de xullo, o alpendre do Paseo Marítimo acollerá o II Torneo de Xadrez de Cariño, organizado polo Centro de Innovación Universitaria (CIDU) e por Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE), coa colaboración do Concello de Cariño, a través da súa delegación de Deportes.
O torneo busca dar difusión ao xadrez na comarca de Ortegal, e contará cun total de 5 categorías, que abarcan todas as idades: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta.
Disputarase desde as 17:00 ata as 20:00 horas nun total de 5 roldas a diario suízo a ritmo de 15’+3”, contando cun período previo para resolver dúbidas sobre a competición e sobre o xogo do xadrez en xeral.
Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría e un libro e un pequeno agasallo para todos os participantes. Ademais, haberá unha medalla para todos os participantes sub-14.
A alcaldesa, Ana María López, anima a todos os interesados a participar nesta cita, comentando que “este tipo de iniciativas non só fomentan a práctica do xadrez, senón tamén o desenvolvemento do pensamento estratéxico, a concentración e a convivencia interxeracional”. Na mesma liña, a rexedora subliña que “tamén é unha oportunidade para gozar en familia e pasar unha tarde diferente nunha contorna privilexiada como é o noso Paseo Marítimo”.
As inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse ata 10 minutos antes do inicio da competición de forma presencial ese mesmo día ou a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdhsjjmkLZRRrOSIDa0ugIqCT7X3tGo_Rg_pScSN9SVwm6vVQ/viewform
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.