Tuesday 08 de July de 2025

En marcha as obras de mellora da rede viaria na parroquia de Lendo cun orzamento de 80.000 euros


A intervención afecta á estrada que discorre polos núcleos do Campo da Porta, Lexas e A Torre.

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora de rede viaria na parroquia de Lendo, en concreto na estrada que comunica os lugares do Campo da Porta, Lexas e A Torre.
A intervención afecta a un tramo de 1.700 metros de distancia desa vía. As primeiras actuacións consisten na limpeza das cunetas, iniciándose á altura do núcleo de Lexas. Durante os próximos días seguiranse realizando traballos dirixidos á recuperación dos bordes da calzada para un máis óptimo aproveitamento dos espazos para, a continuación, proceder á nova pavimentación da estrada. As obras concluirán coa sinalización horizontal e vertical co propósito de mellorar a seguridade viaria.
O orzamento alcanza os 80.000 euros, que son investidos para mellorar unha das vías municipais con maior volume de tráfico rodado da parroquia de Lendo.

Deja un comentario