Tuesday 08 de July de 2025

ALAS A Coruña, recoñecida co II Premio Tomás Fábregas pola súa defensa dos dereitos LGTBI


A entidade será homenaxeada o 16 de xullo no Salón de Plenos do Concello, coincidindo co seu 15.º aniversario

A alcaldesa salienta o seu papel clave no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz e o seu traballo incansable contra a LGTBIfobia

O Concello da Coruña acaba de anunciar que a entidade ALAS A Coruña (Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual) será distinguida co Premio Tomás Fábregas 2025, que recoñece persoas, entidades ou institucións destacadas na defensa dos dereitos das persoas LGTBI.

A entrega do galardón terá lugar o mércores 16 de xullo no Salón de Plenos do Concello, coincidindo co 15.º aniversario da fundación da entidade.

A alcaldesa da Coruña subliñou que “ALAS A Coruña encarna, coma poucas, o espírito do Premio Tomás Fábregas, pola súa capacidade para mobilizar a sociedade e sensibilizar sobre a diversidade”.

Así mesmo, o Concello quere recoñecer o papel determinante da asociación como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, cuxo veredicto en 2024 recoñeceu a motivación homófoba como agravante do crime e marcou un fito xudicial na loita contra os delitos de odio.

Ao longo da súa traxectoria, ALAS Coruña impulsou o Observatorio contra a LGTBIfobia, organizou centos de obradoiros en centros educativos e brindoulles apoio legal e psicolóxico a milleiros de persoas, sempre coa colaboración do Concello.
“A Coruña é hoxe un referente na defensa da diversidade e dos dereitos da comunidade LGTBI. Iso débese ao compromiso de entidades como ALAS Coruña e ao tecido asociativo que construímos entre todas e todos”, concluíu a alcaldesa.

Sobre o Premio Tomás Fábregas

O premio leva o nome do activista coruñés Tomás Fábregas (1958–1994), símbolo internacional da loita polo acceso universal á saúde e polos dereitos das persoas con VIH. A súa chegada a San Francisco en 1992, desafiando a prohibición de entrada aos Estados Unidos, converteuse nun emblema global de resistencia e dignidade.
Na súa primeira edición, o galardón foi entregado a Fina Baliñas, enfermeira do Hospital Universitario da Coruña, activista pioneira na atención a persoas con VIH e unha das impulsoras da primeira unidade específica para este colectivo.

A súa traxectoria foi esencial para dignificar a atención sanitaria ás persoas seropositivas nun tempo no que o estigma e a discriminación eran a norma.

Programación do Orgullo 2025
Martes · 8 de xullo
Recepción institucional: 20 anos do matrimonio igualitario
Palacio Municipal · 12:30 · só con invitación
Intervención da Alcaldesa / Concelleira de Benestar Social e encontro cos primeiros
matrimonios LGTBI. Actuación de Coro Cores.
Obradoiro “Nomearnos é existir” – Escritura narrativa
Espazo Diverso – CC Cidade Vella
17:00 – 20:00 · +18 · inscrición previa
Espazo creativo para desenvolver narrativas queer e crear referentes propios.

Mércores · 9 de xullo
Obradoiro: Mirando máis aló do binarismo de xénero
CC Castrillón
17:00 – 20:00 · +18 · inscrición en Espazo Diverso
Taller de debuxo con Greta Debelius sobre corpos non normativos.

Xoves · 10 de xullo
Obradoiro: A túa voz, a túa identidade
Espazo Diverso – CC Cidade Vella
17:00 – 19:30 · +18 · inscrición previa
Taller de logopedia para aliñar a voz coa identidade de xénero.

Luns · 14 de xullo
Contacontos “Planeta LGBT” (Orgullo de Barrio Monte Alto)
Salón de Actos – CC Castrillón
17:30 · entrada libre
Caxoto presenta unha viaxe interplanetaria que celebra a diversidade.

Martes · 15 de xullo
Contacontos “Planeta LGBT” (Orgullo de Barrio Os Castros)
Salón de Actos – CC Castrillón
17:30 · entrada libre
Obradoiro “Entre Corpos”
Espazo Diverso – CC Cidade Vella
17:00 – 19:30 · +18 · inscrición previa
Espazo vivencial de encontro corporal e reforzo dos vínculos.

Mércores · 16 de xullo
Taller de Pandeireta
CC Monte Alto
17:00 – 19:30 · +18 · inscrición en Espazo Diverso
Obradoiro musical inclusivo que fomenta a cohesión social.
Premio Tomás Fábregas
Salón de Plenos – Pazo Municipal
17:30 · só con invitación

Xoves · 17 de xullo
Conversa: Falemos do Chemsex. Sexo químico e saúde
Domus
19:00 – 21:00 · acceso libre
Relatores: Juan Bonome Rodal, Francisco Novo Vázquez,

Deja un comentario