
As actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” que organiza a Concellería de Cultura de Fene, continúan este martes, 8 de xullo, con Teatro Ghazafelhos e as súas Historias para escagharriñarse. O espectáculo representarase na praza ubicada entre os bloques 11 e 12 de San Valentín, a carón do CPS, a partir das 21.00 horas. Entrada libre e de balde. Espectáculo para todos os públicos.
En “Historias para escagharriñarse”, tres cíngaros percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa. Co seu característico humor repasarán historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña… A participación do público será imprescindible para poder representar estas historias para escagarriñarse. Un espectáculo cómico de rúa para todos os públicos.
Ghazafelhos é unha compañía nada en Narón no 2006. Logo de iniciarse con pequenas obras de titieres ou contacontos, especializanse en teatro familiar con obras como “A Orixe dos Ghazafelhos”, “Contos Mariñeiros” en proxecto de editar libro cd polo seu contido humán, “Frankenstein” presente na feira das artes escénicas 2010; “Nana para un Soldado” estreada o 2 de outubro d0 2011 en Narón e “3, 2, 1” estreada en febreiro do 2014. En outros formatos, destacamos pequenos contacontos como “Contos de Lobo” ou “Prinssessass”. Teatro de rúa como “Contos para Escagarriñarse” ou “A queima da bruxa” e traballos como “O país dos Mandóns”, unha pequeniña obra teatral encargada pola editorial Embora e a Deputación da Coruña para o programa de “Educar en Igualdade”.
Ghazafelhos componse de: Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho
Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Agadic-Xunta de Galicia (Cultura no Camiño) e CPS de San Valentín.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.