Tuesday 08 de July de 2025

O BNG esixe responsabilidades ao Goberno Municipal por desoír as peticións do Consello de Contas


– O BNG solicita a convocatoria urxente de Comisión de Presidencia e o acceso aos expedientes mencionados no II Informe de Fiscalización do Consello de Contas.

– O Goberno Municipal de Culleredo non xustificou ter avanzado no seguimento das recomendacions que lle fixo o Consello de Contas no seu I Informe Especial de Fiscalización, de xaneiro de 2023.

– O BNG detectou durante as eleccións municipais de maio de 2023 irregularidades que incidían nos mesmos aspectos indicados polo Consello de Contas meses antes.

O BNG de Culleredo ven de solicitar a convocatoria urxente da Comisión de Presidencia e o acceso aos expedientes referidos ás peticións do Consello de Contas. Inclúese na petición calquera comunicación do órgano fiscalizador referida a advertencias de responsabilidades e/ou indicación de responsábeis.

Os nacionalistas esixen o establecemento de responsabilidades por non ter atendido as demandas do Consello de Contas, tal e como manifesta este órgano no seu II Informe Especial de Fiscalización.

No primeiro Informe elaborado polo órgano fiscalizador, publicado en xaneiro de 2023, o Consello de Contas daba unha serie de recomendacións que o Concello de Culleredo debía implementar nos seus procedementos de contratación. O Goberno Municipal non xustificou perante ese organismo ter avanzado no seguimento das recomendacións que lles fixeran.

Durante as eleccións municipais de maio de 2023, o BNG detectou diversas irregularidades que incidían nos mesmos defectos postos de manifesto nese primeiro informe. O Consello de Contas analiza estes feitos no seu segundo informe, análise que coincide co denunciado polo BNG.

Deja un comentario