
No día de hoxe presentouse esta iniciativa do CIM de Ribeira (Centro de Información á Muller) en colaboración coa Cofradía
da Dorna e Mulleres en Acción. Á convocatoria acudiron, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM , Dolores Crujeiras e Nancy Silva, do departamento de Acción Social da Cofradía da Dorna.
A conselleira de Igualdade e Diversidade informou que co comezo das diferentes festas que se van a celebrar na cidade e que atraerán a milleiros de persoas, o CIM de Ribeira xunto coa Cofradía da Dorna e a asociación de Mulleres en Acción, “xuntas deseñamos unha serie de actividades e protocolos para velar pola seguridade das festas, para que sexan festas onde nos sintamos libres de todo tipo de agresións machistas”. Rivadulla detallou parte das medidas e accións que se van a levar a cabo, “imos a repartir dende o CIM a través da Festa da Dorna nos puntos violetas; tapa-vasos para evitar as agresións de sumisión química ou evitar que lle voten calquera sustancia química e así previr este tipo de práctica”, a concelleira engadiu, “as outras actividades que faremos serán, a instalación de puntos violeta o 18 en Banda ao Río,o 19 na Porta do Sol e o 24 xullo na Avenida do Malecón en horario de 22:00 a 3:00 horas pola Festa da Dorna, despois para as Festas de Agosto o día 30 de xullo na Praza de Pontevedra, o 31 de xullo na Praza de España, o 1 de agosto na Praza das Heroínas de Sálvora, o 2 na Praza de España e o día 3 na Avenida do Malecón”, rematou incidindo que son puntos onde calquera persoa que se sinta acosada, agredida ou calquera violencia, pode solicitar información.
Pola súa banda Loli Crujeiras explicou que estos puntos violeta “están dirixidos á prevención e intervención en materia de violencias machistas”; os seus obxectivos son, “sensibilizar na erradicación da violencia machista e, máis concretamente da violencia sexual, promocionando información sobre estas materias”. Proporcionar información sobre a finalidade dos puntos e sobre os recursos e servizos especializados cos que conta o concello e a nosa comunidade en materia de violencia de xénero e outras violencias machistas.
Tamén atender e, no seu caso, acompañar a mulleres ou adolescentes, que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial violencia sexual, ou a persoas que sufran outras violencias, informar ás persoas que sufran outras violencias machistas, a ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas; para seber como se debe actuar nestes casos…
Os puntos violetas disporán cada un de dúas profesionais con formación e/ou experiencia en dinamización de actividades relacionadas coa prevención de violencias machistas así como o manexo do protocolo de actuación nas violencias machistas, en especial coa violencia sexual e a violencia asociada a condutas LGTBIfóbicas.
Para rematar Nancy Silva sinalou que le leva todo este ano traballando en colaboración co CIM, e tamén con outras entidades como Mulleres en Acción ou Malas Herbas para a Festa da Dorna, afirmou que ao final “creouse entre todos e todas un protocolo máis exhaustivo para o tema da hostalería á cal se lle vai a repartir dito protoco”; Silva fixo referencia ao aumento de locais de hostalería que se sumarán aos puntos violetas, coa novidade este ano; de incorporación de información cun protocolo simplificado tanto nos baños femininos con coma masculinos e tamén visible na barra do local hostaleiro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.