Friday 04 de July de 2025

Uns 200 maiores participan nunha excursión a Mondoñezo, Foz e Viveiro


Preto de 200 maiores do municipio tomaron parte, onte, na excursión que o Concello organizou a Mondoñedo, Foz e Viveiro. Ao longo da actividade, que se prolongou durante toda a xornada, as persoas participantes puideron descubrir algúns dos puntos de maior reclamo turístico destas localidades.

A proposta estivo encadrada dentro do programa Maiores Activos do departamento de Servizos Sociais. O obxectivo desta iniciativa non é outro que ofrecer alternativas de lecer para promover o benestar físico e social dos veciños e veciñas de maior idade. Con esta liña de meta, o Concello celebrou, non só esta excursión, senón tamén un programa de roteiros saudables ao longo do Camiño Inglés e outra saída a Tui e Baiona.

Deja un comentario