Friday 04 de July de 2025

O espectáculo Novas historias de filandar previsto para mañá cambia de localización e será na Carballeira da Silva


· A actividade terá lugar mañá, sábado 5 de xullo, ás 21.00 horas dentro do programa do Festival Atlántica.

O espectáculo Novas historias de filandar, previsto para mañá, cambiará de localización e levarase a cabo na Carballeira da Silva. A proposta está encadrada dentro da programación do Festival Atlántica e correrá a cargo do narrador, gaiteiro, cantador e bailador zamorano, José Luis Gutiérrez, máis coñecido como Don Guti.

A proposta está dirixida a público adulto e, ao longo da mesma, Don Guti rescatará con humor e sabedoría o espírito das reunións da tradición rural. A actividade é de acceso libre e gratuíto e celebrarase mañá, sábado 5 de xullo, ás 21.00 horas.

Deja un comentario