Friday 04 de July de 2025

Unha persoa falecida tras un accidente de tráfico entre un coche e unha moto en Asados, no concello de Rianxo


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron solicitados polo 112 arredor das 22:30 da noite de onte, 3 de xullo, por un accidente de tráfico entre un coche e unha moto en Asados, no concello de Rianxo.

Na súa chegada ao lugar, os equipos médicos estaban atendendo ao condutor da moto realizando a RCP, pero só puideron certificar o falecemento.

Os bombeiros provinciais colaboraron na retirada dos vehículos accidentados e na limpeza da estrada.

No operativo participaron tamén o 061, a Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Rianxo e a Garda Civil de Tráfico.

Deja un comentario