Friday 04 de July de 2025

O Coliseum recibe a Pablo López, Alanis Morissette e Miguel Bosé en sete días de máxima actividade


As últimas entradas para estas actuacións están á venda en distintas plataformas e na praza de Ourense

O Coliseum da Coruña arrinca o mes de xullo con tres concertos en sete días, amosando porque está considerado o mellor recinto multiusos do noroeste. Pablo López, Alanis Morissete e Miguel Bosé actuarán na cidade como única escala das súas xiras en Galicia. “Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a programar grandes actuacións na cidade, que recibirá a máis de 15.000 persoas en sete días”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

A Coruña será este sábado 5 unha das únicas cinco cidades do país que acollerán os concertos en formato 360 grados da nova xira de Pablo López, que leva por título ‘Un piano, una voz’. Trátase dun formato máis íntimo do habitual para un concerto no Coliseum, no que o escenario estará situado na parte central da pista, permitindo abrir todas as seccións da grada ao público.

Alanis Morissette é unha das cantautoras máis influentes da época contemporánea. O seu percorrido ten un punto de inflexión coa publicación do álbum “Jagged Little Pill”, que en 1995 a elevou ao cume do pop internacional, colleitando o aprecio da crítica e público. A cantante de Ottawa regresa cunha nova xira, “Triple Moon Tour”, que durante o pasado verán deixou un balance de 600.000 entradas vendidas para 35 datas en Norteamérica. A súa primeira parada en Europa será o mércores 9 no Coliseum.

Por outra banda, Miguel Bosé regresa aos escenarios coa súa nova xira mundial ‘Importante Tour’, que comezou o pasado mes de febreiro en México e continúa este verán por España, sendo A Coruña (venres 11) a súa única para en Galicia. Bosé repasará os seus grandes éxitos acompañado por unha banda de músicos e coristas baixo a dirección musical de Mikel Irazoki.

Deja un comentario