
O programa impulsado polo Concello de Oleiros arranca este sábado, 5 de xullo, con concertos simultáneos en tres localizacións e estenderase durante todos os sábados de xullo e agosto, levando música en vivo ás terrazas dos establecementos hostaleiros de Santa Cristina, Santa Cruz e Mera como parte dunha aposta polo lecer, a cultura e a dinamización turística e comercial do municipio.
Os concertos de xullo celebraranse de 20:30 a 22:30 horas, mentres que en agosto o horario será de 20:00 a 22:00 horas, cun total de 31 concertos programados para encher de música e ritmo os espazos públicos máis emblemáticos. A programación combina unha variedade de estilos como jazz, pop, blues, rumba ou flamenco, dirixidos a públicos de todas as idades.
Este sábado comezan as primeiras actuacións da tempada con catro concertos simultáneos: en Santa Cruz (Praza do Castelo) soará o repertorio de Red Planet, en Mera (Praza do Arxentino) o ritmo chegará da man de Calle Rumba, en Santa Cristina (Praza Afundida) o grupo Máxica e tamén en Santa Cristina (zona La Encina) actuará Carlos Miyares.
Música na rúa consolídase como unha das numerosas propostas culturais do verán oleirense, promovendo o uso do espazo público, favorecendo e impulsando a actividade hostaleira e reforzando a imaxe do municipio como destino de calidade para gozar da época de verán nun entorno musical acolledor.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.