Thursday 03 de July de 2025

Más de medio centenar de nenos darán as súas primeiras brazadas nos cursos de natación de Carral


· O prazo de inscrición para anotarse nos de agosto arrincará o luns, 14 de xullo, podendo tramitarse as solicitudes no rexistro municipal e na sede electrónica.

Un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos inauguraron, esta semana, os cursos de natación do mes de xullo de Carral. Trátase dunha das actividades estrela do verán e que congrega, ano tras ano, a unha gran cantidade de participantes que aprenden a nadar ou que perfeccionan a súa técnica na auga. O Concello está a preparar xa os cursos de agosto, cuxo prazo de inscrición arrincará o luns, 14 de xullo, podendo tramitarse as solicitudes no rexistro municipal e na sede electrónica.

Os mozos e mozas inscritos nos de xullo están divididos en tres quendas en función das súas idades. As sesións de natación son de 45 minutos e realízanse entre as 11.45 e as 14.00 horas. Así mesmo, en cada quenda organízanse grupos de iniciación e perfeccionamento en función do nivel dos participantes.

Deja un comentario