Thursday 03 de July de 2025

O concerto de fin de curso da UNED Sénior de Lousame enche o auditorio da Casa da Cultura


Case un cento de persoas participaron no concerto de fin de curso que o alumnado da UNED Sénior de Lousame ofreceu no auditorio da Casa da Cultura o pasado venres á noite. Unha actuación presidida pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Protección Civil, José Antonio Ces. Agrafojo aproveitou para poñer en valor o traballo dos integrantes desta agrupación musical pois “xa as cantareiras nos fixerades desfrutar moito durante o Día das Letras Galegas e agora poder contar coa participación de toda a agrupación é algo moi especial”.

Deja un comentario