
A mostra estará aberta ao público na Casa Museo María Pita ata o 29 de xullo
A Casa Museo María Pita acolle desde este mércores 2 de xullo a mostra ‘Elas’ da pintora coruñesa Geni Ramil, que afonda na muller galega de fai un século. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou xunto á artista no acto de apertura da exposición. “Desde o Goberno de Inés Rey ofrecemos espazos ás creadoras coruñesas para que o seu arte chegue a toda a cidadanía a través dunha rede de espazos culturais municipais de primeiro nivel”, indicou o edil. A mostra poderá visitarse de balde ata o 29 de xullo.
Nesta exposición Geni Ramil é inspirada polo traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa que recibiu o encargo da Hispanish Society of America de retratar as costumes de Galicia a principios do século XX. A pintora da Coruña constrúe un retablo da muller do rural de fai cen anos. Cos seus panos na cabeza e profundas engurras de caras queimadas de sol a sol, estas mulleres faenan no mar, sachan a terra, crían as fillas e comercian co gando. Cos maridos fóra, por mor da emigración, o país sostíñase enriba dos seus lombos. Eran as que soportaban o peso do leite e as galiñas na cabeza, as que ficaban todo o día dobradas e apañaban no chan o que tocase. É tempo de observalas, de pensalas. A vida da Galicia de entón é a vida das súas mulleres.
Geni Ramil é unha pintora autodidacta que, desde fai 30 anos, traballa nas súas obras o estilo realista e impresionista e que utiliza a fotografía para mellorar a precisión e a composición das súas pinturas. Abrangue unha variedade de temas como a anatomía humana, escenas da vida cotiá, a arquitectura urbana e a natureza, sobre todo flores e plantas. Nos seus comezos estudou con Monserrat Juárez e Victoriano Fernández, e asistiu a clases maxistrais de Quintana Martelo. Entre os seus pintores de referencia atópanse Paul Cézanne, Joaquín Sorolla, John Singer Sargent, Georgia O’Keeffe, Johannes Vermeer, e no que respecta a pintores actuais, Antonio López, Ricardo Galán Urrejola, Mark Lagüe e Quintana Martelo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.