Veciños e veciñas de Ordes acudiron ás charlas informativas relativas ás modificacións das axudas da PAC como á xestión efectiva dos seus montes. Senllas citas tiveron lugar no auditorio da casa da cultura e nelas participaron expertos en ambos os temas, que ademais resolveron as dúbidas e cuestións formuladas polos asistentes. Entre eles non faltaron representantes do Goberno Local. Concretamente o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, así como a concelleira de Medio Ambiente, Ana Soneira.