
O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, compareceu este martes acompañado do xefe do servizo, Antonio Ranedo, para explicar a obra de reurbanización da rúa García Lorca, unha actuación que busca recuperar un espazo público deteriorado e transformalo nun lugar accesible, seguro e pensado para a vida das persoas. A Xunta de Goberno Local deste luns adxudicou esta obra á empresa MOVIMIENTOS DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA SL (MARCONSA) por un importe de 1.082.727,54 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 16 meses.
A reurbanización da rúa García Lorca mellorará a accesibilidade e incorpora zonas verdes ao ámbito
Este proxecto ten a súa orixe en 2022, mais cando a obra foi finalmente adxudicada, detectouse que os prezos estaban xa desfasados debido ao incremento xeralizado dos custos de construción despois da pandemia da covid-19. Este goberno viuse obrigado rescindir o contrato e reformular o proxecto, explicou o concelleiro. En outubro de 2024 a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto reformado, que actualiza os prezos ao mercado actual e revisa técnicamente o documento inicial. En decemebro de 2024 iniciouse unha nova licitación. “Sabemos que é un proxecto esperado”, defendeu Xesús Domínguez.
Esta zona urbana mantense practicamente igual desde a súa creación na década dos 70, con múltiples carencias: baldosas levantadas ou directamente ausentes, deficiencias graves na iluminación, espazos verdes pechados de forma anárquica, e percorridos peonís descontinuos ou mal resoltos, especialmente prexudiciais para persoas con mobilidade reducida.
Por petición da veciñanza, manterase a posibilidade de aparcamento, mais se incorpora tamén unha actuaciónde incremento do verde, co obxectivo fundamental de incrementar a calidade urbana e a calidade de vida da veciñanza, para o que se farán as seguintes actuacións: potenciaranse os percorridos peonís lonxitudinais e transversais, garantindo a continuidade das beirarrúas, así como a contrución de 5 pasos de peóns elevados; reubicaranse os elementos que obstaculizan o paso nas zonas peonís; renovaranse firmes e pavimentos deteriorados; crearase novo espazo público de calidade, con zonas de estancia e relación; e levarase a cabo a reforma íntegra das instalacións urbanas, segundo o proxecto técnico do enxeñeiro Andrés Figueiras Nogueira.
“Con esta intervención, apostamos decididamente por unha cidade máis amable e accesible”, explicou o concelleiro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.