Tuesday 01 de July de 2025

O Concello de Neda organiza o sábado 12 de xullo un “Xantar veciñal” no polideportivo do Roxal


O Concello de Neda organiza o próximo 12 de xullo o seu primeiro “Xantar veciñal” estival. Un encontro festivo, que aspira a reunir no Roxal, coa gastronomía como escusa, a un bo número de nedenses. Nesta cita de novo cuño, para a que se abre hoxe mesmo o prazo de inscrición, non faltará nin a animación musical nin o baile.
A pista polideportiva do Roxal acollerá a celebración, que dará comezo ás 14.30 horas. O menú, que poderán degustar as persoas participantes, incluirá arroz con xiba, costela de porco asada, pan, bebidas, sobremesa, café e chupito, por un prezo de 24 euros por persoa.
As cancións dos Tabernícolas ferroláns marcarán o prólogo desta cita gastronómica, que rematará con baile, coa música en directo de Alberto Bellón.
Para participar no Xantar veciñal cómpre apuntarse na oficina dos Servizos Sociais. O prazo límite para inscribirse será o martes 8 de xullo.

Deja un comentario