
Inchables, xogos de auga, festa da escuma, toro mecánico (ou simulador de tabla de surf), maquillaxe, photocall, circuito de karts a pedais e animación a cargo de La Guagua. Son os principais atractivos da festa infantil que organiza a Concellería de Cultura para este venres, de 17.30 a 20.30 horas, na Praza do alcalde Ramón J. Souto González, a carón da Casa do Concello. Nesta primeira cita do ciclo Xullo, mes da Patria os/as protagonistas serán os máis pequenos da casa que poderán participar en todas as actividades totalmente de balde.
O mesmo venres pola mañá, a partir das 10.00 horas, repartiranse na Casa da Cultura de Fene as invitacións para asistir ao espectáculo “Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)” que ofrecerá o monologuista e actor Federico Pérez o mércores 9, na Praza do alcalde Ramón J. Souto González, ás 21.30 horas. Entregaranse dúas entradas por persoa adulta até completar o aforo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.