Tuesday 01 de July de 2025

O Centro Cultural A Fábrica acollerá a exposición de cadros de creación colectiva do alumnado de infantil do CEIP Valle Inclán


O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 4 de xullo a exposición dos cadros de creación colectiva da Aula verde de Infantil do colexio Valle Inclán.

A inauguración será o vindeiro venres 4 de xullo ás 12:00 horas no Centro Cultural A Fábrica, Perillo.

A exposición poderá ser visitada do 4 ao 18 de xullo en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Deja un comentario