Monday 30 de June de 2025

O BNG afirma que o PP levou ao Concello de Teo a dous anos de parálise


Lamenta que a alcaldesa dificulte o labor da oposición coa súa “escasa calidade democrática”

No balance do ecuador do mandato, o portavoz nacionalista Eloi Devesa, di que o goberno de Lucía de Uz “carece de impulso e de proxectos para Teo”

O BNG fai balance dos dous anos de goberno do PP en Teo que define como de “parálise e escasa calidade democrática”. Segundo o portavoz nacionalista, Eloi Devesa, o goberno presidido por Lucía de Uz carece de competencia para xestionar o concello o que se comproba na incapacidade de promover un novo centro de saúde e melloras nas comunicacións viarias ou na falta de axilidade e transparencia na xestión do lixo ou da limpeza da maleza. “Tristemente, foron dous anos perdidos para Teo e a súa veciñanza”, sinala Devesa.

A falta e impulso do PP de Teo fica á vista, segundo o BNG, por exemplo, na incapacidade de promover a creación dun novo centro de saúde necesario para atender á poboación dun concello en que foron continuas as mobilizacións para protestar polos recortes e esixir unha atención sanitaria de calidade.

Segundo o BNG, o goberno presidido por Lucía de Uz tampouco avanzou en materia de comunicacións e seguridade viaria xa que as obras realizadas veñen de convenios anteriores e maiormente se fixeron a cargo da Deputación da Coruña. “Ao tempo que periga a seguridade viaria pola falta de acondicionamento dos viais, hai tres millóns de euros para obras sen ser utilizados o que confirma os problemas de xestión do goberno municipal de Teo”, afirma Eloi Devesa quen critica tamén que este ano non houbera previsión para a limpeza de maleza en tempo e forma, o que fixo necesario a contratación dunha empresa externa.

Para o grupo nacionalista, pola contra, o bus lanzadeira que promoveu o PP, “non está a solucionar os problemas existentes, defeito a veciñanza ten hoxe menos servizos que antes co que o tema está a crear un gran malestar”.

O BNG lamenta tamén que o PP cancelara o proxecto do Centro de Día que o Concello de Teo asinara coa Xunta, cogobernada polo nacionalismo, e agora compre unha nave industrial “sen sequera demostrar a idoneidade do inmoble e a viabilidade do proxecto

A falta de axilidade e transparencia presidiu tamén, para o BNG, a adxudicación do convenio do lixo. “É unha vergoña ver o estado no que están os contedores de lixo e a dificultade de acceso a outros específicos e, contra o que están facendo a maior parte dos concellos, non se fixo ningún esforzo pola redución de lixo, o que levaría tamén tarifas máis baixas”, apunta o BNG.

Falta de democracia e exceso de autoritarismo

“Un concello como Teo non merece unha alcaldesa así, que utiliza a súa maioría absoluta de maneira autoritaria impedindo mesmo o traballo da oposición, por exemplo, ao non deixar presentar mocións ao pleno”, sinala Eloi Devesa que critica a falta de diálogo e os atrancos que pon a alcaldía á acción política dos outros grupos.

Finalmente, o BNG cuestiona a redución da programación cultural e a falta de compromiso na normalización da lingua galega, non só coa ausencia dunha política de promoció

Deja un comentario