Tuesday 01 de July de 2025

Reserva de entradas para o Mago Antón: a partir do 1 de xullo


O Mago Antón visita Carballo co Verán Cultural e, aínda que a cita é de balde, para asistir é preciso reservar entradas na Billeteira. O espectáculo será na Praza do Concello o venres 11 de xullo nos seguintes horarios:

13.00 h.
17.00 h.
18.30 h.
20. 00 h.
As entradas estarán dispoñibles a partir do martes 1 de xullo ás 9.00 horas na Billeteira do Concello. Serán un total de 65 entradas por función e poden reservarse un máximo de 4 entradas por persoa.

Deja un comentario