
O BNG de Culleredo denunciou perante o organismo irregularidades na contratación pública, que agora se ven refrendadas polo Consello de Contas.
O informe do organismo fiscalizador confirma a fala de control, fala de planificación e prácticas que non garanten nen a trasparencia nen a igualdade.
O organismo confirma que estas prácticas agudízanse ao achegárense as eleccións municipais, e pon nome as empresas beneficiadas.
O BNG non vai mirar cara outro lado, perante unhas prácticas que rompen coa confianza que a veciñanza deposita nas persoas que xestionan os recursos públicos.
O Consello de Contas, órgano que vixía como se gasta o diñeiro público en Galiza, ven de publicar un informe sobre o Concello de Culleredo coincidente co que reiteradamente ven manifestando e denuncia o BNG de Culleredo: hai fortes indicios de irregulariades na contratación pública do noso Concello.
O BNG de Culleredo esixe que se tomen medidas urxentes para corrixir as deficiencias enumeradas polo Consello de Contas. Estas deficiencias deben dar lugar a asunción de responsabilidades políticas e a un cambio real na forma de contratar e xestionar os recursos públicos.
O informe confirma a falta de control, falta de planificación e prácticas que non garanten nen a transparencia nen a igualdade na contratación pública do Concello.
Estas prácticas irregulares agudízanse ao achegárense as elección municipais. O expediente analiza varios expedientes no entorno das eleccións do 2023. En todos resultou adxudicataria a empresa CANARGA SL. O Consello de Contas detectou irregularidades como empresas concurrentes que comparten propietarios e sede social ou rebaixas nos prezos sen suficiente xustificación. Sinala o caso do expediente UCP/2023/15, tramitado polo procedemento de urxencia e que unha vez adxudicado se demorou meses, coincidindo coas eleccións municipais.
O Consello de Contas tamén fai fincapé no reparto case a partes iguais de contratos de obras menores entre dúas empresas: a antedita CANARGA SL e IAM Rumbo, das 13 empresas que teñen participado nesas contratacións.
Desde o BNG levamos tempo alertando destas prácticas, poñéndoas en coñecemento e reclamando solucións. Este informe, que responde a unha denuncia do BNG de Culleredo, confirma que tiñamos razón e que a nosa insistencia é útil. Defender os intereses da veciñanza implica tamén fiscalizar como se xestiona o que é de todos e todas.
Un concello que non planifica e que pon no centro das decisións o chanchullo para beneficiar sempre ás mesmas empresas non merece unicamente un tirón de orellas, senón medidas anticorrupción. Niso está traballando o BNG desde hai tempo e en particular desde a publicación deste informe. O BNG de Culleredo non vai mirar cara outro lado cun concello que falla desta forma á confianza nel depositada por parte da súa veciñanza.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.