
A festividade terá lugar do 24 ao 28 de xullo, día no se pechará coa tradicional Festa do Neno desde as 17:00 horas.
O Desde o Goberno local animan “a todos os veciños e veciñas e persoas visitantes a achegarse ata a nosa vila para gozar desta festividade e dalgunhas das mellores orquestras de Galicia”.
O Concello das Somozas anuncia o cartel para as súas festas na honra a Santiago Apostol, que terá lugar do 24 ao 28 de xullo.
A tradicional festividade dará comezo pola noite o mércores, 24 de xullo, coas orquestras ‘La Fórmula’ e ‘Panorama’.
O xoves, 25 de xullo, terán lugar varias misas na capela de San Roque, ás 10:00 horas, ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. Ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión na Igrexa parroquial. A sesión vermú estará amenizada polos grupos musicais ‘Tafornelos’ e ‘Grupo Atenas’ e, xa pola noite, actuarán as orquestras ‘Panamá’ e ‘Grupo Atenas’.
O venres, 26 de xullo, celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial ás 13:00 horas, onde a sesión vermú estará amenizada polo ‘Grupo Máster’. Pola noite a gran verbena correrá a cargo das orquestras ‘Cinema’ e ‘París de Noia’.
Como peche destas festas tradicionais, o domingo, 28 de xullo, terá lugar a tradicional Festa do Neno, que dará comezo a partir das 17:00 h.
Desde o Goberno local animan “a todos os veciños e veciñas e persoas visitantes a achegarse ata a nosa vila para gozar desta festividade e dalgunhas das mellores orquestras de Galicia”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.